NARRADOR
volver



Houbo un tempo (e isto é artículo de fe) en que o único remedio (o único elixir) para sobreleva-lo val de lágrimas no que malvivían os nosos antepasados era a música. Para eles a música (e isto tamén é artículo de fe) soaba a música celestial. Así: como soa. Pero gracias a deus un día (difícil precisar cando) un anxo caído (de seguro drogueiro olímpico) fulminantemente despedido por querer introducir unha variante espuria na clásica e por outra parte eterna fórmula do dry martini (a divina ambrosía) no seu descenso desde as alturas cara ó seu retiro nos cuarteis do inferno decidiu facer un alto na terra e só como divertimento (e por joder todo hai que dicilo) lanzarlle un brinde á divindade. Despoxaría ós homes do áureo fío musical que os ligaba co inefable a cambio de darlle-la oportunidade de adquirir (a prezo de saldo) o seu particular elixir. E a ese fin aplicou todo o seu empeño.

A cantarela do demo seica tivo eco e a partir dese momento moitas foron as músicas que se reclamaron do diaño. Non só o blues. tamén o country. As óperas masónicas de mozart. A internacional. Ou mesmo (e para rematar cunha relación virtualmente interminable) o rock&roll as voces búlgaras e os cantores do don (onde don quere dicir precisamente iso: il padrino: o mal en persoa).

Sábese que foron poucos os que pretenderon facerlle fronte ó imperio das tebras. E que os seus desesperados intentos acabaron nun sonoro fracaso.

E é que o arteiro proxecto do demo non ía permitir interferencias. Introduciu a ilusión entre os homes fomentando a liberdade... de elixir... elixir. Desvirtuou a música ata convertela en músicas... do mundo. Choveron as drogas (en sentido amplo). O sexo (tamén en sentido amplo). E o alcohol (en sentido estricto). A maxia branca e a maxia negra. A superstición científica e as luces de colores.

¿Quen podía resistirse? ninguén quería perdelo. Todos querían montar nese Trem fantasma que coma un cabalo desbocado ía atravesando a unha velocidade de éxtase as máis alucinantes paisaxes.

 

a home charlatan
 
participacion estelar
la historia siguiente